Horizonte en Finisterre

jueves, febrero 14, 2008

Os ollos de K

RESUMO DO LIBRO.
A presenza dun home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción. Os ollos de K non é tanto a escrita dunha aventura como a propia aventura da escrita. Un texto que vira sobre si e descobre os fíos labirínticos dunha trama entretida e intrigante.

VALORACIÓN: 9,8 puntos
COMENTARIO: Entretido e moi profundo, unha historia arrebatadora, literatura dentro da literatura. Un dos mellores libros do 2007 en literatura galega.

As palabras da néboa

RESUMO DO LIBRO. Edición galega
Premio García Barros 2007 Esta é unha novela sobre a liberdade. E sobre os soños. Dos homes e dos pobos. As palabras da néboa é unha historia sobre tres destinos. Un aventureiro que volve do Novo Mundo; un señor feudal derrotado; unha muller libre que cambia a realidade só coa palabra. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña na Galicia do século XVI forman o pano de fondo no que Francisco Castro sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva. Unha historia sobre o dereito á utopía.

VALORACIÓN: 9 puntos
COMENTARIO:

Un bo libro da Historia Irmandiña vista por un dos máis innovadores temáticos da última narrativa galega. Ecos de Saramago, no seu estilo narrativo, con moita inventiva.