De bar en bar. Para abrazarte escribo
Escolla de artigos do escritor Xosé Carlos Caneiro publicados en "La Voz de Galicia". Edición de Francisco Xosé Fernández Pérez
VALORACIÓN: 10 puntos
COMENTARIO:
Encántame o Caneiro de LA VOZ DE GALICIA, efectivo, punzante, rico en ironía pero sen ofender, historias cheas de beleza, mentres un toma un café vendo pasar xente en calquera bar empedrado e antigo desta Galiza nosa, terrible e á vez fermosa. Fermosísima. Galiza no corazón, sen lugar a dúbidas, onde con estes artigos Caneiro intenta proclamar un mundo mellor e máis xusto. Sen enganos. Sen dobres fondos.



