Horizonte en Finisterre

domingo, noviembre 12, 2006

O lápis do carpinteiro

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano.

VALORACIÓN: 10 puntos
COMENTARIO:
Que pena!. Soamente lin tres veces este libro, de momento, non coma Antón Reixa que di que o fixo unhas 70 para ser o director da película de "O lápis...".
Novela de sentimentos, de pequenas historias máxicas dos protagonistas, mais unha verdadeira historia cruel, ó pé da Torre de Hércules, o cárcere, as lavandeiras, a garda civil.... a guerra do 36 , en definitiva.
O de Dombodán é a historia máis cautivadora e triste da literatura galega.
A película puido dar máis de si... Mais está ben.

As voces da notica

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
Premio de Novela Blanco Amor, 2002
Unha periodista intenta saber dun crime que conmocionou a unha vila hai xa dez anos. Cos datos das testemuñas e os seus puntos de vista diferentes vai creando o mural dos acontecementos ata chegar ó fondo de tódolos misterios.

VALORACIÓN: 9,2 puntos
COMENTARIO:
Libro tremendamente ben escrito, compacto, cunha linguaxe literaria anovadora. onde os conflictos humáns e os sentimentos dos protagonistas conforman a carga maxistral do ir e vir da narración, nunha vila galega do rural.