Horizonte en Finisterre

domingo, noviembre 12, 2006

O lápis do carpinteiro

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano.

VALORACIÓN: 10 puntos
COMENTARIO:
Que pena!. Soamente lin tres veces este libro, de momento, non coma Antón Reixa que di que o fixo unhas 70 para ser o director da película de "O lápis...".
Novela de sentimentos, de pequenas historias máxicas dos protagonistas, mais unha verdadeira historia cruel, ó pé da Torre de Hércules, o cárcere, as lavandeiras, a garda civil.... a guerra do 36 , en definitiva.
O de Dombodán é a historia máis cautivadora e triste da literatura galega.
A película puido dar máis de si... Mais está ben.