Horizonte en Finisterre

lunes, mayo 07, 2007

Herba Moura

RESUMO DO LIBRO. Edición galega
“Herba Moura” de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil –nunha perspectiva inédita do filósofo– e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam.

VALORACIÓN: 9,4 puntos
COMENTARIO:
Un libro moi bo, onde partindo dende os sentimentos Christina de Suecia pola morte de Descartes, co que tivo unha serie de encontros sentiemntais e vitais, técese varias historias que percorren os diferentes séculos dende o XVII ata os nosos días. Libro que arrecende a receitas, feitizos, herbas medicinais, huchas... todo xunto conformando un lenzo para o disfrute de calquera lector.