Horizonte en Finisterre

lunes, noviembre 06, 2006

Ollos de auga

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
Editorial Galaxia publica "Ollos de auga", novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, un personaxe co que axiña se han familiarizar lectores e lectoras. Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo. O séu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil.

VALORACIÓN: 6 puntos
COMENTARIO:
E raspado porque o conta ben... Libro destes hai a moreas, non sei porque tanto bombo, que si vai ser traducido ao español, que se tal.
É entretido, certo, pero flouxo floxo. Quizais o final, ben arranxa o libro, menos mal...