Horizonte en Finisterre

lunes, noviembre 06, 2006

A rosa de Borges

RESUMEN DEL LIBRO. Edición castellana.
Premio Risco de Literatura Fantástica 2000. Novela que, inzada de personaxes extremos e próxima en determinados momentos a unha improvisación jazzística, amosa unha abraiante concentración de recursos estilísticos e rítmicos. Cos extractos dos informes médico, literario, editorial e policial comeza e remata a novela de Xosé Carlos Caneiro, na que unha muller grava nun magnetófono un delirante monólogo dirixido sucesiva e simultaneamente á casa que habita, ó seu pai resucitado, á súa nai inmobilizada en estado vexetativo, ó seu namorado e ós seus irmáns.

VALORACIÓN: 7 puntos
COMENTARIO:
Ben. Este libro será unha especia de obra menor do autor, mais seguro que a máis dun lle resulte mellor que as demáis, coma min.
É dicir, esta xoia atrapa ó lector, sen vacilacións, sen recurrir á esaxeración verbal nin ó diccionario, conta unha historia ben traballada e punto, é dicir, o contrario ó que Caneiro nos ten acostumados.
Por iso vai o 8.
Un triunfo para os lectores e a literatura galega.