Home sen nome
RESUMO DO LIBRO. Edición galega.Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesarse dos seus crimes.
VALORACIÓN: 6 puntos
COMENTARIO:
O libro está ben, como trata o tema , o vello encamado realmente dá noxo, mais creo que se fai un pouco largo de máis, quizáis demasiado repetitivo ás veces por mor dos delirios da personaxe.
Creo que o libro puido dar máis de si, posto que a temática prometía, onde as partes das que narra a súa infancia están moi traballadas e fan cómplice ao lector da narración. Gústame Nano, xa vello, personaxe que Suso de Toro rescata outra vez de libros pasados.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Inicio