Un home que xaceu aquí
RESUMO DO LIBRO. Edición galega.Unha novela que se move no ámbito referencial da literatura de xénero - o da novela negra— e conta a historia da busca do orixinal perdido dunha novela famosa. A acción desenvólvese na Compostela dos nosos días e ten como protagonista un profesor universitario que, por pura desidia, se ve envolto nunha trama pseudodetectivesca. Cómica e tráxica ó mesmo tempo, Aníbal C. Malvar amosa un coñecemento sorprendente dos recursos propios do xénero policial utilizados aquí con gran habilidade, dando ó libro a tensión propia dunha boa película de suspense.
VALORACIÓN: 9 puntos
COMENTARIO:
Doulle un 9 porque sorprendeume. Nunca lera nada deste autor e parece mentira que non esté traducido ao español, por exemplo.
Sorprende a súa narración sinxera, mezclando o xénero policial a modo tamén de road-movie, con flash-back precisos.
Unha lectura agradable e recomendable.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Inicio