Horizonte en Finisterre

miércoles, noviembre 08, 2006

Morning Star.

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
Novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846

VALORACIÓN: 9,5 puntos
COMENTARIO:
¡Reivindico unha película para este libro!. Mantén o pulo da narración páxina a páxina onde a honra e a valentía van da man. Cando o lin quedei prendado. Se queredes acción na Galicia do século XIX, este é o voso libro.