Resistencia
Resistencia, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal ; un pano de fondo cun bo número de historias de amor.
VALORACIÓN: 9,6 puntos
COMENTARIO:
Roza a perfección. Un libro poético, belo, que che entra no interior dende as primeiras páxinas, e que crece en intensidade. Á literatura galega faille falta este tipo de novelas, unha historia ben artellada, escrita con ímpetu.
Hai que lelo. ¿E unha película deste libro?. Xa está traducido ó portugués, tan só ó portugués. Non o entendo.


0 Comments:
Publicar un comentario
<< Inicio