Horizonte en Finisterre

martes, noviembre 07, 2006

Agosto do 36

RESUMO DO LIBRO. Edición galega.
O «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar. Esta é a temática principal da novela. Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan.

VALORACIÓN: 9,3 puntos
COMENTARIO:
Unha xoia da literatura galega, desgarradora. Cando o lin, fai xa algúns anos, quedei impresionado pola boa narrativa destas páxinas, os sentimentos todos abrollando en medio da Guerra civil Española. Haino tamén en castélán, en Alianza Editorial (¿Por que non en francés, checo, inglés, suizo, xaponés?)

1 Comments:

  • alguien me puede dar un resumen extenso de este libro y colgarlo en esta pagina (;

    By Anonymous Anónimo, at martes, marzo 17, 2009  

Publicar un comentario

<< Inicio